Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, do levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2021/198-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA, SMR711, substitución dos apoios 43-A-4 e 43-A-5, no concello de Narón (expediente IN407A 2021/198-1), mediante a resolución desta xefatura territorial, do 1 de agosto de 2022, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 8 de novembro de 2022 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Narón, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 27 de xaneiro, no BOP do 10 de xaneiro e no xornal La Voz de Galicia do 18 de xaneiro de 2022, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará a notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e o posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do devandito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares dos dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña