De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, a xerente da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante o procedemento de concurso de méritos, a provisión de varios postos de encargado/a de quenda de celadores/as da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, segundo se especifica no anexo.
Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación a que se refiren as bases presentaranse, dirixidas á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, no Rexistro Xeral da devandita Xerencia, sito na Travesía Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros dependentes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022
Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
1. Denominación do posto: encargado/a de quenda de celadores/as do ámbito hospitalario-Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
2. Número de prazas: unha (1).
3. Procedemento de provisión: concurso de méritos.
4. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
1. Denominación do posto: encargado/a de quenda de celadores/as do Servizo de Urxencias-Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
2. Número de prazas: unha (1).
3. Procedemento de provisión: concurso de méritos.
4. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
1. Denominación do posto: encargado/a de quenda de celadores/as do ámbito hospitalario-Hospital Público da Barbanza.
2. Número de prazas: unha (1).
3. Procedemento de provisión: concurso de méritos.
4. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.