Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51838

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución do 4 de xullo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 14 de xullo) procedeuse á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios, así como das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).

A base oitava da resolución de convocatoria do proceso dispón que, tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, apreciase algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algún/algunha aspirante poderá proceder á súa corrección.

Finalizado este prazo, e de conformidade coa antedita base, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7) e 11) da resolución de convocatoria do proceso.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos