Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52047

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, previsto na Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI435A).

O 12 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI435A).

O ordinal vixésimo oitavo da citada resolución dispón que o prazo de presentación de solicitudes na convocatoria do ano 2022 comezará o día seguinte ao da publicación desa resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

Tendo en conta o número de solicitudes presentadas, procede ampliar o prazo inicialmente establecido, coa finalidade de que se poida beneficiar da axuda o maior número posible de persoas.

De conformidade con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar o prazo para a presentación de solicitudes de axudas á adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, previsto no ordinal vixésimo oitavo da Resolución do 1 de agosto de 2022, ata o 15 de novembro de 2022 e, en todo caso, ata o momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Segundo. Efectos

Esta resolución producirá efectos a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo