Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52056

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 198, do 30 de setembro), polas que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº de orde

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

1

***3055**

López

Crende

José Javier

22,05

23,83

Exento

38,00

83,88

2

***0710**

Mato

Vilar

María

22,90

22,14

Exenta

36,00

81,04

3

***9918**

Lopo

Bermúdez

Roberto

21,59

16,69

Exento

38,00

76,28

4

***6485**

Rodríguez

Rodríguez

Margarita

22,16

22,62

Exenta

29,60

74,38

5

***6037**

Osorio

Ruiz

Estíbaliz

15,45

17,30

Exenta

40,00

72,75

6

***6662**

Blanco

Chaves

Raúl

15,23

15,00

Exento

15,20

45,43