Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52706

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria das bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED441B).

Advertidos erros no texto da orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 181, do 22 de setembro de 2022, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Primeiro. Todas as referencias realizadas ás universidades do Sistema universitario de Galicia deberán entenderse efectuadas ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Na páxina 49365, no punto 1 do artigo 9. Obrigas das universidades, onde di:

«– Nota media do seu expediente académico na data do 30 de abril de 2021, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no Protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro), e na Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dispón a publicidade do Acordo da Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos».

Debe dicir:

«– Nota media do seu expediente académico na data do 30 de abril de 2022, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no Protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro), e na Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dispón a publicidade do Acordo da Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos».