Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52729

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 29 de setembro de 2022 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 4 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

O día 19 de agosto de 2022 publicouse no DOG núm. 157 a Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código do procedemento ED333B).

O prazo para a presentación de solicitudes era de 45 días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que remata o 3 de outubro de 2022.

O artigo 2 da convocatoria establece as persoas destinatarias que, neste caso, é a cidadanía galega residente no exterior que cumpra o disposto no artigo 3.

Tendo en conta a data de remate do prazo de presentación de candidaturas, as persoas a que vai dirixida, que son residentes fóra de España e teñen que cumprir trámites no estranxeiro, resulta aconsellable, para promover e facilitar a participación neste procedemento, ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Modificar o prazo de presentación de solicitudes ata o día 24 de outubro de 2022, incluído, polo que resulta ampliado en 21 días naturais o prazo regulado no artigo 5.5 da citada orde.

2. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades