Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52895

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

ANUNCIO do extracto da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de xerente que figura na oferta de emprego público de estabilización desta mancomunidade.

No BOP núm. 173, do día 12 de setembro de 2022, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de xerente que figura na oferta de emprego público de estabilización desta mancomunidade. A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 15 de setembro de 2022

Ángel Manuel Mato Escalona
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol