Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de persoal laboral fixo de axente de emprego e desenvolvemento local.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 27 de setembro de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), pertencente á OEP de 2022, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 27 de setembro de 2022

José Manuel Arias López
Alcalde