Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-02019-O-2021.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador número PO-02019-O-2021, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunícase que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Pontevedra, 14 de setembro de 2022

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

PO-02019-O-2021

0822-KHM

Y6513731F

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportador/a ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, mentres carece da autorización, sempre que se acredite que, no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

28.4.2021; 10.48; PO-552; 6,9

Artigo 142.1 da LOTT e artigo 199.1 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT e artigo 201.c).1 do ROTT

301 euros