De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto de resolución que se cita no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través de persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situada no Edificio Administrativo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, contra ela a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, tal e como prescribe o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 7 de setembro de 2022
María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-DXIS-01-2022.
Persoa interesada: NIE Y5372621L.
Acto de notificación: resolución de expediente sancionador do 23.8.2022.
Órgano competente: xefa territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo.
Preceptos infrinxidos: artigo 93 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción imposta: artigo 96.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro.