Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53018

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

Advertido erro na Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculadas co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 184, do 27 de setembro, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 51320, na letra h) do número 2 do artigo 2. Réxime xurídico, onde di: «Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.», debe dicir: «Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público».

Na páxina 51335, na derradeira fila da táboa de puntuación que figura no ordinal 1º.2, da letra a) no número 1 do artigo 16. Criterios de valoración, onde di: «Tres concellos e catro obxectivos», debe dicir: «Catro concellos e tres obxectivos».

Na páxina 51356, na sinatura, onde di:

«P.A. (Decreto 154/2022, do 13 de setembro;
DOG núm. 175, do 14 de setembro)»

Debe dicir:

«P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro;
DOG núm. 175, do 14 de setembro)»