Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53366

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se nomea persoal emérito do Servizo Galego de Saúde.

O Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e modificado tamén polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro, regula o procedemento para o recoñecemento, con carácter excepcional, da condición de persoal emérito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como os dereitos inherentes a este recoñecemento e o réxime de actividades deste persoal.

Preténdese así recoñecer o prestixio e a importancia profesional de profesionais sanitarios/as xubilados/as, así como facilitar, durante o período de tempo establecido e mentres as condicións de saúde llelo permitan, a existencia dunha relación activa coa institución sanitaria de adscrición, realizando funcións de consultoría, asesoría e formación, aproveitando desa forma a experiencia e os coñecementos adquiridos durante a vida laboral previa á súa xubilación.

Tanto o Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e modificado tamén polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro, como a Orde do 27 de outubro de 2010 que o desenvolve, establecen que, unha vez elaborada a proposta de nomeamento pola Comisión de Valoración creada para o efecto, a Xerencia do Servizo Galego de Saúde a elevará á persoa titular da consellería, quen procederá, se é o caso, ao nomeamento do persoal emérito.

A Orde do 27 de xullo de 2010 establece que o nomeamento de persoal emérito que se pode realizar anualmente será como máximo de seis (6) persoas.

De acordo co anterior, en uso das facultades atribuídas polo Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro; e os decretos 136/2019 e 137/2019, do 10 de outubro, polos que se establece, respectivamente, a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Nomear como persoal emérito á persoa que figura no anexo da presente resolución por un período dun ano, que se poderá prorrogar, como máximo, por outro período de idéntica duración.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Nome e apelidos

Benito José Regueiro García

Especialidade

Microbioloxía e parasitoloxía

Centro asignado

Área Sanitaria de Vigo