Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2021/48/32).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no procedemento referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si mesma ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Ourense, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Sáez Díez núm. 39, baixo, en Ourense, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que de non atender o acto, practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.

Ourense, 15 de setembro de 2022

Mª José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2021/48/32.

Documento de identidade: P13824713.

Acto que se notifica: citación para trámite de audiencia.

Data do acto que se notifica: 13 de setembro de 2022.

Efectos xurídicos: apertura trámite de audiencia.