Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Merca (expediente IN407A 2022/124-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CEL804 derivada a CT 32CGS6 (A Merca).

Situación: concello da Merca.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución dos apoios núm. 89-4 e núm. 89-7 de formigón de tipo HV-12/250-B2-CA e HV-12/250-CR1-CA, por atoparse en avanzado estado de deterioración, respectivamente, por apoios metálicos de celosía de tipo C-14/1000-H35-CA e C-16/1000-H35-CA.

– Substitución de 1.466 metros de condutor nu LA-30 por LA-56. Como consecuencia do anterior, substitúense os apoios de formigón números: 89-2, 89-3, 89-4, 89-5, 89-6, 89-8, 89-9 e 89-10, inadecuados para as novas condicións do tendido, e instálanse no seu lugar apoios metálicos de celosía, incluíndo o retensado dos vans das dúas derivadas existentes.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o 7.4.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 13 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/124-3.

Concello: A Merca.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CEL804 derivada a CT 32CGS6.

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32048A502000450000XT.

Lugar: Abelairas.

Cultivo: labor.

Titulares: hdros. de Antonio Santos Mouriño.

Afección: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 89-8.

Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32048A502100610000XG.

Lugar: Abelairas.

Cultivo: prado.

Titular: Francisco Javier Requejo Seara.

Afección: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 89-9.