Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53167

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación nesta dirección xeral e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN225A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21.2 das bases reguladoras da orde, publícanse as bolsas concedidas pola Resolución do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación do 22 de xullo de 2022, relacionadas no anexo I.

Norma reguladora: Orde do 8 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN225A).

Crédito orzamentario: 40.400,00 euros.

Aplicacións orzamentarias: 2021.06.03.751A.480.0, formación en materia de comercio, e 2021.06.03.751A.484.0, cotas sociais para formación en materia de comercio.

Finalidade: que as persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciatura ou de grao complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO I

Relación de persoas para a concesión das catro bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Orde

Solicitante

Nº expediente

1

María Romay Vázquez

IN225A-2022-27

2

Ana Moure Soengas

IN225A-2022-08

3

Inmaculada Recarey Tomé

IN225A-2022-02

4

Pablo Pazos Otero

IN225A-2022-36

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que poidan producirse por non aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas

Orde

Solicitante

Nº expediente

1

Marta Montes Ferreiro

IN225A-2022-26

2

Elisa Muñiz Castaño

IN225A-2022-45

3

Elizabeth Iglesias Álvarez

IN225A-2022-38

4

Iria Crespo Martínez

IN225A-2022-15

5

Diego García Couso

IN225A-2022-05

6

Ana Bernárdez Munín

IN225A-2022-39

7

Andreea Georgiana Butuc

IN225A-2022-28

8

Pablo Queiruga Castro

IN225A-2022-35