Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de setembro de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Beariz (expediente SCOVID/BEARIZ/0021 e catro máis).

O Concello de Beariz ditou resolución dos expedientes sancionadores SCOVID/BEARIZ/0021 e catro máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Beariz, situadas na rúa San Pedro nº 2, Beariz (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O prazo de ingreso das multas impostas en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pago das sancións impostas en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, si este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra ela cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que as persoas demandantes teñan o seu domicilio ou aquela na que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme ao disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Beariz, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Mª Jesús Tejada López
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción impuesta

SCOVID/BEARIZ/0021

49710789S

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes nas limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa o sen transcendencia directa na saúde pública.

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008 do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/BEARIZ/0032

77466133V

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes nas limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa o sen transcendencia directa na saúde pública.

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008 do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/BEARIZ/0034

49710789S

Participación en reunións, festas ou calquera outro tipo de actividades ou actos, permanente ou esporádico, de carácter privado ou aberto ao público en espazos públicos, abertos ou privados, nos cales se produzan aglomeracións contrarias ás medidas sanitarias de prevención aprobadas polas autoridades sanitarias ou nos que se incumpran as medidas de seguridade e precaución dispostas por estas, se as repercusións producidas tiveron una incidencia escasa o sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Artigo 41.bis.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis.2.a) da Lei 8/2008 do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/BEARIZ/0046

77466133V

Participación en reunións, festas ou calquera outro tipo de actividades ou actos, permanente ou esporádico, de carácter privado ou aberto ao público en espazos públicos, abertos ou privados, nos cales se produzan aglomeracións contrarias ás medidas sanitarias de prevención aprobadas polas autoridades sanitarias ou nos que se incumpran as medidas de seguridade e precaución dispostas por estas, se as repercusións producidas tiveron una incidencia escasa o sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Artigo 41.bis.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis.2.a) da Lei 8/2008 do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/BEARIZ/0052

77466133V

Incumprimento do uso da máscara ou outros medios de protección ou uso non axeitado dunhas e outras, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveran unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artículo 44. Bis de la Ley 8/2008, de 10 de julio, de salud de Galicia

100 euros