Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53702

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de profesorado de apoio e reforzo PROA+ (Plan Recupera) nos cursos 2022/23 e 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED301M).

BDNS (Identif.): 651682.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios da subvención os centros docentes privados sostidos con fondos públicos que teñan unha porcentaxe do 30 % do alumnado vulnerable no segundo ciclo de educación Infantil, primaria e/o secundaria obrigatoria.

Enténdese por alumnado vulnerable, nun sentido amplo, aquel que presente algunha das circunstancias que se describen a continuación: necesidades asistenciais (alimentación, vivenda e subministracións básicas, etc.), escolares (clima familiar propicio, fenda dixital, material escolar, etc.), necesidades socioeducativas (actividades complementarias, extraescolares, etc.), necesidades educativas especiais, altas capacidades, dificultades específicas de aprendizaxe, incorporación tardía no sistema educativo, dificultades para a aprendizaxe por necesidades non cubertas. Todas elas barreiras que condicionan, potencial ou efectivamente, as posibilidades de éxito educativo do alumnado.

2. Todos os requisitos exixidos para solicitar estas axudas ou para obter a condición de beneficiario deberán cumprirse antes da finalización do prazo de solicitude previsto na correspondente convocatoria.

Segundo. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros con concerto en ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e/ou formación profesional básica para a contratación de profesorado de apoio e reforzo e desenvolvemento do programa PROA+ nos cursos 2022/23 e 2023/24, no marco do Plan Recupera.

2. O ámbito de aplicación desta orde esténdese a todos os centros con concerto en ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e/ou formación profesional básica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Extracto da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de profesorado de apoio e reforzo PROA+ (Plan Recupera) nos cursos 2022/23 e 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED301M).

Cuarto. Financiamento

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á partida orzamentaria 10.30.423B.482.0 por un importe máximo de 257.464,80 € con cargo ao orzamento de 2022; por importe de 643.662 €, para o 2023, e 386.197,20 €, para o 2024.

2. Dado que esta convocatoria abrangue o labor do profesorado de apoio e reforzo durante os cursos 2022/23 e 2023/24, o orzamento desta convocatoria poderá cubrir os gastos orixinados entre setembro de 2022 e xuño de 2024.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades