Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53794

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).

Con data do 18 de agosto de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG), número 156, a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

Con data do 22 de agosto de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 26 de xullo de 2022, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 156, do 18 de agosto).

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de provisión por mobilidade, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 29 de setembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade
nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***233***

Carballa

Gómez

Luis

1, 2, 4

***969***

González

Reigada

Francisco Javier

2

***936***

Moldes

Álvarez

Benigno

2, 3, 5

***980***

Quiroga

Álvarez

Germán

2, 4

***003***

Suárez

Piñeiro

Adolfo

2, 4

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.4.2.g) da convocatoria

3

Non presenta o documento especificado no punto 3.4.2.e) da convocatoria

4

A documentación presentada incumpre o establecido no punto 3.4.2.f) da convocatoria

5

Non presentou e non foi posible comprobar o cumprimento do requisito da titulación exixida