Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54021

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2022, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril) modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado por Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo)

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria desestímanse na súa totalidade as alegacións feitas polos aspirantes, polo que non se modifican os modelos de corrección de respostas de ningunha das especialidades do segundo exercicio do proceso selectivo.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveran unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 12 de xullo de 2022, pola que se da publicidade aos parámetros para a cualificación do segundo exercicio, estableceuse que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtiveran un mínimo de  16 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto de una pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan ni reciben puntuación.

Asignarase a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda as persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 19 de setembro de 2022, acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de:

– Especialidade de seguridade no traballo acceso libre: 47 aspirantes.

– Especialidade de hixiene industrial, acceso libre: 1 aspirante.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal