Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para contratar con carácter temporal un/unha animador/a deportivo/a.

A Resolución da Alcaldía nº 1257/2022, do 28 de setembro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento da bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 188, do 3 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 3 de outubro de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde