Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54011

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2022.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2022

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e os entes instrumentais do sector público autonómico para o desenvolvemento de actividades de formación

22.7.2022

Sen achega económica por parte da EGAP

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

22.7.2022

Sen achega económica