Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54134

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2022, polo que se aproba a creación dunha unidade administrativa temporal para a xestión de fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e doutros fondos europeos na Consellería do Medio Rural.

A Comisión Europea, o Parlamento Europeo e os dirixentes da UE acordaron un Plan de recuperación e resiliencia (FRR) para axudar a reparar os danos económicos e sociais causados pola pandemia do coronavirus, destinado a investimentos públicos e reformas para fortalecer as economías dos países da Unión Europea (UE).

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de xaneiro), dispón que, por razóns de eficacia e eficiencia, poderán constituírse unidades administrativas de carácter provisional mediante a modificación da correspondente relación de postos de traballo, para a xestión e execución dos proxectos financiados con fondos dos instrumentos europeos de recuperación ou outros fondos europeos.

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2021 aprobáronse as actuacións en materia de persoal para a xestión dos fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e outros fondos europeos (DOG núm. 127, do 6 de xullo). O punto 2.3.1 deste acordo recolle a creación de unidades administrativas ex novo como unidades específicas de carácter provisional para a xestión dos fondos europeos.

Deste xeito, créase unha unidade administrativa ex novo temporal para a xestión de fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e outros fondos europeos, na Consellería do Medio Rural, coa finalidade de levar a cabo as actuacións en materia de persoal conforme o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2021.

Consultáronse as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de setembro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a creación dunha unidade administrativa temporal para a xestión de fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e outros fondos europeos, na Consellería do Medio Rural, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de setembro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file