Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54261

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de técnicos de xestión, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A1), convocadas pola Resolución do 27 de agosto de 2019 (DOG do 9 de setembro).

Unha vez verificado que concorren nos/nas aspirantes aprobados/as os requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A1) os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de setembro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A1)

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***8488**

Cartamil Obelleiro, Carmen María

110,45

2

***5940**

Díaz Seijas, Valentín Manuel

110,30

3

***1104**

Caínzos López, María Jesús

101,75

4

***9645**

Mahía Porto, María del Pilar

94,90