Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54478

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022 pola que se adxudican as axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, convocadas pola Resolución do 4 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 19 de maio).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 4 de maio de 2022 (DOG núm. 96, do 19 de maio) convocáronse as subvencións do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

No seu artigo 21 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 18 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 19.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 21 de setembro de 2022 pola comisión de selección, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder a axuda para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, á entidade que presentou solicitude á dita convocatoria, a cal foi puntuada de conformidade co disposto no artigo 19 das bases reguladoras, que figura no anexo I a esta proposta. O importe total da axuda concedida é 100.944,73 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación/proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

06.A2.561A.770.0/2021 00012

23.219,80 €

77.724,93 €

100.944,73 €

2. Para xustificar a subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 27 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 26, no seu punto 2.

3. Contra esta resolución, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que consideren procedente, poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Entidades beneficiarias

Nº de expediente

Razón social

CIF

Puntos

Orzamento total

Axuda total

001_IN861A_INDROPS

Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L.

B70318589

62,0

476.073,65 €

100.944,73 €