De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 23 de setembro de 2022, do proxecto de valorización de residuos de construción e demolición (RCD), mediante procesamento en planta fixa, na concesión mineira Dorna I, número 4715.1, no concello de Toén (Ourense), promovido por Construcciones y Obras Taboada Ramos, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático