Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54381

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Advertido erro na Resolución do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, publicada no DOG número 153, do xoves 11 de agosto de 2022, é necesario facer as seguintes correccións:

– Na páxina 43556:

• No centro de destino «SECRETARÍA DO FOGGA», no posto de traballo «MR.O12.00.000.15770.056, XEFATURA SECCIÓN DE HABILITACIÓN», na súa columna forma de provisión, onde di «C» debe dicir: «CE».

• No centro de destino «SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC», no posto de traballo «MR.O13.00.000.15770.056», na súa columna denominación, onde di «XEFATURA SERVIZO APOIO SECT. LÁCTEO E MERC. AGRI.», debe dicir: «XEFATURA SERVIZO SECTOR LÁCTEO E MERCADOS AGRÍCOL.»

– Na páxina 43559, no centro de destino «SERVIZO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA», no posto de traballo «MR.O19.10.000.36001.006, POSTO BASE SUBGRUPO A2», na súa columna corpo/escala, onde di «EME4» debe decir: «XERAL», e na súa columna formación específica debe suprimirse «168».