Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54486

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade da resolución de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Mediante a Resolución do 30 de maio de 2022 (DOG núm. 111, do 10 de xuño), publicáronse as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2022, en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 13.2 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 6 de outubro de 2022 de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A Resolución do 6 de outubro de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica