Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54377

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2022, polo que se modifica parcialmente o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de novembro de 2020 polo que se dispón a creación da Comisión Interdepartamental de I+D+i, para a planificación e coordinación en materia de I+D+i.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 5 de novembro de 2020, acordou a creación da Comisión Interdepartamental de I+D+i para a planificación e coordinación dos obxectivos, actuacións, instrumentos e fondos da Comunidade Autónoma en materia de I+D+i, co obxectivo de integrar e complementar a visión e perspectivas estratéxicas dos diferentes departamentos neste ámbito. Este acordo foi obxecto dunha primeira modificación mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de novembro de 2021.

No punto quinto do Acordo do 5 de novembro de 2020 estableceuse a composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i, formada polas persoas titulares dos entes/centros directivos citados no dito punto.

No punto noveno do Acordo do 5 de novembro de 2020 creouse un grupo técnico para impulsar o funcionamento da Comisión Interdepartamental de I+D+i, integrado por representantes dos entes/centros directivos que forman parte dela, coa categoría de subdirector/a ou equivalente.

O Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, introduciu novos centros directivos con competencias en I+D+i, así como modificacións nalgún deles.

Co fin de facer as adaptacións oportunas, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 22 de setembro de 2022, acordou modificar a composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i.

Para xeral coñecemento, publícase o referido acordo, polo que

RESOLVO:

Dar publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2022 que a seguir se transcribe:

«Modificar nos termos que a continuación se indican o punto quinto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de novembro de 2020 polo que se crea a Comisión Interdepartamental de I+D+i:

Incorporar como vogais as persoas titulares dos seguintes centros directivos:

– Secretaría Xeral de Industria.

– Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

– Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

– Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

Dar de baixa como vogal a persoa titular da antiga Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos».

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Economía, Industria e Innovación