Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/29 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: novo CT Forestal 1 e as súas LAT.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Sustitución na LMT Rábade 1 do apoio de formigón existente por un metálico tipo C-3000-16, no cal se instala un paso aéreo a subterráneo.

• Liña subterránea de alta tensión a 20 kV Rábade 1, con orixe no novo CT Forestal 1 e final na conversión aérea a subterránea proxectada, cunha lonxitude de 240 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña subterránea de alta tensión a 20 kV Rábade 1, con orixe no novo CT Forestal 1 e final no punto de acceso á rede proxectado, cunha lonxitude de 10 metros en condutor RHZ1-150.

• CT prefabricado Forestal 1, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección con fusibles e unha de interruptor automático, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe do actual CT Forestal.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 133.055,58 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para o Ministerio de Fomento.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberanse cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de setembro de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria