Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS650G (expediente 150022210).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notificarase o dito requirimento ditado no procedemento competencia desta xefatura territorial á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido do dito requirimento. Transcorrido o prazo, no caso de non o facer, terase por efectuada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión, de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 26 de agosto de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150022210

48116030F

Requirimento de documentación

20.7.2022