Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55259

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 2 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 11 de marzo), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro) de convocatoria do proceso dispón que, logo de comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles oferten e o procedemento e prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, unha vez comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 2 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 11 de marzo) pola que se fai público o acordo do tribunal da categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I, pola orde de puntuación total obtida no proceso, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de setembro de 2019.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes que constan nesta resolución seleccionen os destinos ofertados por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á disposición dos/das aspirantes na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A selección de destinos no devandito formulario efectuarase consonte o seguinte procedemento:

a) O/a aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados por orde de prelación, de maior a menor preferencia.

b) Para os efectos da súa indicación no formulario, o/a aspirante deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.

c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos, edificio administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***6389**

García García, Débora

100,000

8,000

0,100

108,100

2

***6934**

Rodríguez Fernández, Patricia

94,000

8,000

1,200

103,200

3

***8388**

Núñez Lamas, Mario

93,000

6,900

0,000

99,900

4

***5924**

Ballón Cue, Ángel

91,000

8,000

0,800

99,800

5

***7336**

Vilas Navarro, Sara

97,000

1,500

0,000

98,500

6

***7609**

Lorenzo González, Estefanía

88,000

8,000

0,250

96,250

7

***7126**

Moukhlissi Juicha, Badreddine

95,000

0,870

0,150

96,020

8

***1469**

Taboada Díaz, Laura Manuela

93,000

2,340

0,200

95,540

9

***7869**

López Valín, Sofía

87,000

8,000

0,000

95,000

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

Nº prazas

A.S. da Coruña e Cee

C.S. Os Mallos

Mañá

A Coruña

1

A.S. da Coruña e Cee

Casa do Mar

Mañá

A Coruña

1

A.S. de Ferrol

C.S. Fontenla Maristany

Mañá

Ferrol

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

C.S. Sarria

Mañá

Sarria

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

C.S. Praza do Ferrol

Mañá

Lugo

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

C.S Ribadavia

Mañá

O Carballiño

1

A.S. de Pontevedra e O Salnés

C.S. Lérez

Mañá

Pontevedra

1

A.S. de Vigo

C.S. A Doblada

Desprazable

Vigo

1

A.S. de Vigo

C.S. Redondela

Mañá

Redondela

1