Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55264

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 29 de setembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data mediante a que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro de 2022, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 55038, onde di: «Ourense, 22 de setembro de 2022», debe dicir: «Ourense, 29 de setembro de 2022»

Na páxina 55038, onde di: «Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Nefroloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.», debe dicir: «Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Medicina Intensiva da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras».