Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55273

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2022 pola que se declara deserta a convocatoria para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía).

Mediante a Resolución reitoral do 15 de outubro de 2021 (DOG do 26 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía), pola quenda de promoción interna.

Realizado o procedemento selectivo sen que ningunha persoa aspirante o superase, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades,

RESOLVO:

Declarar deserta a convocatoria para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela