Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de construción de senda na PO-548 (puntos quilométricos 2+970-3+200) e continuidade nunha vía municipal, de clave PO/19/072.06, no concello de Valga.
As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 27 de setembro de 2022
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
1 |
36056A04300526 |
Zona Arosa, S.L. |
9 |
36056A04300541 |
Dolores Castromán Castiñeiras |