Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0278/2022-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0278/2022-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 29 de setembro de 2022

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0278/2022-ORS

46907852L

Inicio

Rúa Principal, 28, 1º, Boiro

PSC-FE-0313/2022-PRE

35451225Z

Inicio

Rúa Arcebispo Andrade, 13, 4º D, Vilagarcía de Arousa

PSC-FE-0329/2022-COP

X1782326X

Inicio

Avenida Constitución, 4, bloque 2, 5º A, Boiro

PSC-FE-0349/2022-PPM

78806884Y

Inicio

Lugar A Igrexa, 162, Abanqueiro, Boiro

PSC-FE-0350/2022-PPM

76969975S

Inicio

Rego, 22, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0363/2022-PPM

33288126L

Inicio

Virxe do Camiño, 12, Muros

PSC-FE-0365/2022-PPM

34897106B

Inicio

Rúa Xogo da Bola, 1, baixo, Dexo, Oleiros

PSC-FE-0367/2022-PRE

36027956C

Inicio

Rúa Anchoa, 15, Fisterra

PSC-FE-0375/2022-PPM

53488842L

Inicio

Curbera, 27, Cabo de Cruz, Boiro