Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55482

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no polígono R40 Penarredonda 1 (expediente 631/2021/130).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 14 de setembro de 2022, coa corrección de erro material do 28 de setembro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle. Polígono R40 Penarredonda 1. Febreiro 2022, promovido pola entidade Promociones Hamburgo, S.L. e redactado pola arquitecta Carlota Robelo Pardo, colexiada nº 1199 do COAG.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe información urbanística; na web de Urbanismo, epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 5 de outubro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo