Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación da convocatoria e das bases do proceso selectivo para cubrir a praza de encargado/a de obras, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia núm. 176, do 15 de setembro de 2022, publícase integramente a convocatoria e as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira pertencente ao grupo C, subgrupo C2, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, baixo a denominación encargado de obras.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os anuncios sucesivos inseriranse tan só no BOP e no taboleiro electrónico de anuncios e páxina web do Concello, conforme o establecido nas bases.

Porto do Son, 21 de setembro de 2022

José Luis Oujo Pouso
Alcalde