Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 23 de setembro de 2022 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestion da biomasa (expediente 1975-2020) .

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se pudier determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultar infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto que se notifica: orde de execución (expediente 1975-2020).

Interesados: hros. de Emilia Luz Divina Boullosa Concha.

Ref. catastral: 36043A011007550000JW (polígono 11-parcela 755).

Prazo: 15 días naturais.

Ponte Caldelas, 23 de setembro de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente