Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense.

Mediante Acordo do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/140-3), o cal foi publicado no DOG do 21 de setembro de 2022, e ao mesmo tempo realizouse a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/140-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT PRS806 en apoio BI6J93DJ//93-4.

Termo municipal: Nogueira de Ramuín.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Gulfar.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio 93-4, superficie de ocupación de 2 m2.

Predio núm. en proxecto: 2.

Lugar: Gulfar.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio 93-5, superficie de ocupación de 2 m2.