Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 227).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

36025619Y

36025619Y/30-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

Y7406443C

Y7406443C/02-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

01847510N

01847510N/16-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

09397971X

09397971X/02-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

Y4717629K

Y4717629K/02-02-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribadumia