Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de outubro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 250/2022 no expediente de reposición da legalidade LUG/109/2016-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario núm. 250/2022, interposto pola persoa con DNI 33309355L, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 1.7.2022 no recurso potestativo de reposición, interposto contra outra do 22.6.2020 (expediente LUG/109/2016-RP1), na cal se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na execución dunha vivienda unifamiliar, paralizada e sen rematar, e que no interior da estructura ten un vaso de formigón propio dunha piscina, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Guntín, Sancovade, parcela con referencia catastral 27065A085008620000FO, no concello de Vilalba, non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras e o cesamento definitivo dos usos aos que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a persoa con DNI 33313181G para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística