Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira dunha praza de oficial albanel.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1256/2022, do 19 de setembro, nomeouse a Víctor Manuel Montes Pena, con DNI ***7236**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de oficial albanel, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Fene, 21 de setembro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde