Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO do acordo de aprobación da proposta da Comisión de Heráldica relativa á modificación do escudo oficial.

O Pleno da Corporación Municipal, na súa sesión ordinaria do día 23 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo de aprobación da proposta da Comisión de Heráldica pola que se traslada o acordo adoptado por ela o 29 de abril de 2022, no cal se propón como válida a seguinte descrición do novo deseño do escudo heráldico municipal:

O aludido escudo, actualmente en uso, foi aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1994 e incorpora ao seu campo, como é notorio, a imaxe da vella fortaleza situada no propio termo municipal, a cal foi testemuña dos feitos máis sobresalientes do seu devir e, en particular, dos que cabe vincular coa prisión do infortunado mariscal Pedro Pardo de Cela, personaxe de particular relevo que foi executado en Mondoñedo o 3 de outubro de 1483. Polas referidas circunstancias, o campo do devandito escudo enriquécese ou complementa cun bordo xaquelado ou componado de ouro e prata, o que vén ser unha abstracción –a modo de homenaxe– das armas da liñaxe traídas polo propio devandito mariscal Pardo de Cela.

Considerado o anterior e de conformidade coa propia insignia municipal recentemente aprobada, que trae ao pano as representacións e elementos xa indicados, corresponde agora volver sancionar o antedito emblema heráldico municipal, co fin de adecuar algúns detalles do seu anterior deseño e representación. Consecuentemente, proponse que o escudo municipal deste concello de Alfoz quede fixado a partir de agora segundo o modelo que se achega e de acordo co seguinte brasonamento:

De sinople (verde), o castelo de prata (branco), dunha torre e con tres ordes de xanelas ocas, ou sen aclarar; bordura componada de dezaseis pezas de ouro (amarelo) e veiros ondados. Ao timbre, coroa real pechada.

En consecuencia, o Pleno da Corporación acorda:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada pola Comisión de Heráldica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo na súa xuntanza do 29 de abril de 2022, do novo deseño do escudo heráldico municipal, para a adecuación do deseño do escudo ao da bandeira recentemente aprobado.

Segundo. Someter o presente acordo ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos.

Terceiro. De presentarse alegacións, resolveraas o Pleno. De no presentarse alegacións, remitirase o expediente completo á Comisión de Heráldica para o seu informe preceptivo e vinculante.

missing image file

Alfoz, 28 de setembro de 2022

Jorge Val Díaz
Alcalde presidente