Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2017/00187 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non o faceren, consideraranse por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición dos interesados para que, de ser o caso, o poidan consultar na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 30 de setembro de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

OU-2017/00187

54674286C

OU-2022/00085

Y2810939P

OU-2022/00085

34710237V