Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o requirimento de aclaración nun expediente de compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal do trámite de requirimento de aclaración nun expediente de compatibilidade para os efectos de iniciar, de ser o caso, a súa tramitación, a través do servizo de Correos, esta non se puido efectuar, polo que procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de requirimento de aclaración referente á súa solicitude de compatibilidade.

A persoa interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o referido prazo, considerarase efectuado o trámite de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, en conexión co seu artigo 21, e procederase a ditar a resolución que corresponda.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 33263739N.

Acto de notificación: requirimento de aclaración para os efectos de iniciar, de ser o caso, a súa tramitación.