Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 208/2022 fronte á Resolución do 15 de febreiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (Diario Oficial de Galicia número 41, do 1 de marzo).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Xulgado do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, da Coruña polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 208/2022 contra a Resolución do 15 de febreiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos ao referido órgano xudicial.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido órgano xudicial no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública