De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Anexo
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral.
|
Apelidos e nome |
DNI |
Motivo da exclusión |
|
Cornado Rodríguez, Lucía |
***5693** |
86 |
|
Couceiro Torres, Sara |
***1230** |
86 |
|
Espiño López, Lucía |
***4167** |
86 |
|
Fraga Pérez, Sara |
***4484** |
86 e 87 |
|
Mariñas Placer, Javier |
***2985** |
86 |
|
Cód. |
Causa da exclusión |
|
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses anteriores á convocatoria |
|
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |


