Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de outubro de 2022, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos número 20 novo, número 60 novo, número 63 novo e número 69 novo, no dominio público portuario de Rianxo.

Quedando dispoñibles no porto de Rianxo os departamentos número 20 novo, número 60 novo, número 63 novo e número 69 novo, no dominio público portuario de Rianxo, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, en todo caso, deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido e, en caso contrario, non será admitida. Débese emendar a súa presentación tomando como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos, de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 5 de outubro de 2022

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro