Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56375

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data mediante a que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto vacante de persoal licenciado sanitario, que se relaciona no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 11 de outubro de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección de Medicina Interna do Hospital Público do Barco de Valdeorras.

Número de vacantes: 1.